Para rematar un estupendo ano de folclore o vindeiro 17 de xuño ás 18:00 no Teatro Principal da Estrada faremos un festival onde as nosas escolas serán as protagonistas.

Todas as escolas amosarán o aprendido durante este curso, baile, gaita, pandeireta, percusión, acordeón, unha tarde de música e baile tradicional ao que vos convidamos a vir.

E moi pronto comezamos a reserva de praza para o vindeiro curso, estate atento!!! 

Entrada de balde, con retirada de invitación.

Se non queres quedar sen praza para o vindeiro curso das escolas de Tequexetéldere, podes facer unha reserva de praza para os cursos que darán comezo no mes de outubro.

tequexeteldere matricula 18 19

O prazo estará aberto do 15 ao 30 de xuño.

Como todos os anos, as actividades as que vos podedes anotar son baile, gaita, pandeireta, percusión e acordeón.
O custe das actividades é de 10 euros ao mes para a primeira actividade e de 7 para a segunda actividade ou segundo irmán.

A matrícula pódese facer a traves do seguinte enlace

https://goo.gl/forms/jiKyinPSgE0W0z1M2

Se tes algunha dúbida podes poñerte en contacto con nós no telf 660 136 787 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Esta fin de semana, Tequexetéldere estivemos de viaxe por terras rioxanas coas nosas escolas participando no “Festival de Folklore Infantil Ciudad de Logroño“, organizado polo Grupo de Danzas de Logroño a quenes dende aquí­ queremos dar os máis sinceiros parabéns por unha perfecta organización e agarimosa hospitalidade.

As nenas e nenos das nosas escolas puideron compartir escenario e experiencias con outros nenos da Rioxa e Murcia, así­ como coñecer a súa cultura e tradicións.

Páxina 2 de 3

© 2020 Tequexeteldere

Free Joomla! template by L.THEME