Concurso

XV CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL

TEQUEXETÉLDERE

Pazo de Exposicións e Congresos da Estrada 31 de Marzo de 2019

Sigue o concurso a través das nosas redes sociais @tequexeteldere | #concursoteque

Así foi como quedou o reparto de premios da XV edición do certame de baile tradicional:

 

Categoría A

1º premio .- Retranqueiros da A.C. Retranqueiros de Ames
2º premio .- Grupo B da Asoc Rosalía de Castro de Cacheiras
3º premio .- @s pequerrech@s de GBM Tahúme

 

Categoría B

1º premio .- A Telleira de CC A Ponte Vella
2º premio .- @s Tahumiñ@ GBM Tahúme
3º premio .- A Barxela do CC A Ponte Vella

 

Categoría C

1º premio .- O Muiño da Retorta do CC A Ponte Vella
2º premio .- Grupo A da Asoc Rosalía de Castro de Cacheiras
3º premio .- Pillabáns da AC Xacarandaina

 

Categoría D

1º premio .- Tras do Eo da CC A Ponte Vella
2º premio .- Grupo B do OCT Ultreia
3º premio .- Galumeira da AC A Mamoa de Luou

 

Parabéns e a todas as agrupacións participantes, grazas pola súa asistencia e bo facer ;-)

 

 

FICHA DE INSCRICION (PRAZO PECHADO DENDE O 18 DE MARZO)

https://goo.gl/forms/Mex0czgcLXbN3PGa2

Inscrición aberta ata o 17 de marzo de 2019.


 Concurso Tequexeteldere 2019

BASES:

Co fin de difundir e enxalzar a nosa cultura e as nosas tradicións, convócase o XV Concurso de Baile Tradicional organizado por Tequexetéldere. Nel poderán participar grupos de asociacións folclóricas, veciñais, recreativas, de veciños etc.

Estableceranse catro categorías para participar:

-Categoría A: ata os 10 anos.

-Categoría B: de 10 a 13 anos.

-Categoría C: de 13 a 16 anos.

-Categoría D: máis de 16 anos

A categoría determinarase pola media de idade das persoas compoñentes. Así mesmo, ningunha delas superará o límite da categoría en máis de dous anos.

O grupo de baile estará formado por un mínimo de catro parellas, a non ser que as características do baile presenten outro tipo de formación.

Cada grupo deberá levar consigo o seu grupo de acompañamento, e exclúese a utilización de cintas, discos etc.

Tanto o grupo de baile como o grupo de acompañamento deberán levar traxe tradicional.

A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos).

Cada grupo dispoñerá dun tempo máximo de cinco minutos. A actuación que supere este tempo quedará descualificada.

Non estarán permitidos nin aderezos nin escenografía no escenario allea ao baile e ao corpo instrumental

Horario:

O concurso celebrarase o domingo 31 de marzo en horario de mañá (ás 11:00 h) para as categorías A e C e en horario de tarde (ás 17:00 h) para as categorías B e D, no Pazo de Exposicións e Congresos da Estrada, nunha única proba final, dentro de cada unha das súas categorías (as categorías poderanse unificar nun único horario, de tarde, no caso de non haber grupos suficientes para facelo en xornadas divididas)

Inscricións:

O prazo de presentación para o concurso rematará o domingo 17 de marzo (quedarán excluídas todas as inscrición realizadas fóra desta data) .

A inscrición realizarase exclusivamente a través da páxina web www.tequexeteldere.gal, dentro do apartado concurso (deberase recibir a confirmación da recepción, que pode tardar ata 24h).

O xurado, nomeado por Tequexetéldere, poderá descualificar calquera grupo que non se ateña ás presentes bases. O dito xurado poderá esixir o DNI ou o libro de familia das persoas integrantes de cada grupo. A decisión do xurado será inapelable.

Á hora de avaliar terase en conta a dificultade da peza, a súa execución e a súa autenticidade.

A organización non se fará cargo de calquera desaparición de obxectos ou vestiario, así coma calquera accidente que se produza durante o concurso.

 

Establecerase a seguinte contía de premios:

Categorías A e B:

-Primeiro premio (150 €)

-Segundo premio (120 €)

-Terceiro premio (trofeo)

Categoría C:

-Primeiro premio (180 €)

-Segundo premio (150 €)

-Terceiro premio (trofeo)

Categoría D:

-Primeiro premio (240 €)

-Segundo premio (180 €)

-Terceiro premio (trofeo)

Os grupos de Tequexetéldere actuarán en modo de exhibición, non concursarán neste evento.

A participación neste concurso implica a aceptación das bases.

 

Entradas:

O despacho de billetes abrirá 30 minutos antes do comezo do concurso. O custe das entradas será de 4 € por xornada.

© 2020 Tequexeteldere

Free Joomla! template by L.THEME