Tequexetéldere nace no ano 1990 e dende os seus comenzos tivo clara que gran parte do seu esforzo tiña que encamiñarse á conservación e recopilacion de todo o concerninte á nosa etnografia (cantos, bailes , músicas, xogos, vestimentas, etc.) Que teñan como prolongación o traballo que desenrrola derriba dos escenarios en cada unha das suas actuacións.
Este traballo comenza a desenvolvelo primeiramente no seu propio Concello con recollidas en parroquias como Montillón, Codeseda, Baloira, etc. Continuará esta investigación nos Concellos limitrofes como Forcarei, Cuntis ou Lalín, chegando a abarcar en recollidas posteriores lugares dos Concellos de toda a nosa xeografia.
Con todo este material Tequexetéldere non so traballa para eles, se non que este saber téntase amosar e ensinar nas suas escolas de baile, música e canto. Facendo este traballo quérese resaltar o papel das escolas, tan importante na formación das xentes que compoñen Tequexetéldere.
A parte deste traballo de investigación, e un pouco como complemento, esta agrupación desenvolve outras actividades complementarias. Cabe sinalar algunhas como:
Conferencias de etnografía
Realización de exposicións de vestimentas, instrumentos musicais.
Organización de mostras de pandereteiros/as de rueiro en rueiro.
Organización de concursos de baile tradicional Tequexetéldere.
Este traballo vese recompensado con distintas actuacións por toda a xeografia galega e tamen de Portugal e Asturias, así como na TVG (Luar, Galicia Enteira, Dende Galicia para o mundo, etc.).
Froito de todo este traballo é o espectáculo que Tequexetéldere ofrece nas suas actuacións cantos, músicas, bailes e vestimentas que tentan dun xeito o mais fidedigno posible asemellarse ás costumes dos nosos antergos.