AMIG@ DE TEQUEXETÉLDERE

Amigos e amigas da Fundación

Facerse Amigo/a de Tequexetéldere supón colaborar e axudar na financiación dos fins e das actividades que leva a cabo a nosa agrupación. E supón, asimesmo, establecermos unha cooperación que faga posible un mellor espallamento e mantemento da nosa cultura folclórica. 

Para facerte amigo/a de Tequexetéldere só tes que seguir os pasos indicados neste FORMULARIO.

Se tes algunha dúbida podes enviarnos un correo electrónico a este enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

COLABORA

Faite Amiga ou Amigo de Tequexetéldere e facendo unha doazón dun mínimo de 30 euros, agasallámoste cun regaliño de agradecemento pola túa colaboración.

Razóns para colaborar

Tequexetéldere é unha agrupación que naceu xa no ano 1990 baixo o respaldo do Concello da Estrada e da Fundación Cultural da Estrada, formando parte desta última entidade. A nosa actividade desenrólase sen ánimo de lucro. Dispoñemos dunha partida económica da Fundación Cultutal da Estrada, ca cal cubrimos certos gastos anuais da nosa actividade, pero nin de lonxe nos da para facernos cargo de todos os custes que xeramos ca nosa actividade.

É por iso que Tequexetéldere quere reafirmarse nuha maior independencia económica baseada no apoio das xentes comprometidas co noso folclore e a nosa cultura.

Por que colaborar con Tequexetéldere?

  • Para asegurar o seu presente e, sobre todo, o seu futuro 
  • Para seguir avanzando cos alumn@s das nosas escolas. Actualmente superamos o centenar de alumn@s.
  • Para mellorar e ampliar a súa programación cultural
  • Para promover, facilitar e investigar a nosa tradición etnográfica.
  • Porque Tequexetéldere non só coida o legado do noso folclore e tradicións, xa que tamén somos un referente do sector na nosa comunidade e fora de Galicia.
  • Porque hai que coidar as cousas que nos importan.

Actividades principais de Tequexetéldere

  • Mantemento das nosas escolas: baile, percusión, gaita, acordeón, pandeireta...
  • Mantemento e recuperación de vestimenta tradicional galega.
  • Organización do Festival de Folclore da Festa do Salmón.
  • Diversidade de espectáculos como musicais e bandas de música/orquestas sinfónicas.
  • Actuacións por España e fora de España respresentando e dignificando o noso folclore.
  • Actuacións pola xeografía galega.

 

Tratamento fiscal das doazóns

As cantidades doadas ou satisfeitas ás entidades e institucións previstas na Lei 49/2002 que se destinen á realización e desenvolvemento de actividades e programas prioritarios de mecenado, terán dereito a unha dedución de:

    Base da dedución, importe ata                           Porcentaxe da dedución

                 Até 150 euros                                                           80%

                 Resto base de dedución                                          35%

O 35% no caso de persoas xurídicas.

Ademais, se nos dous períodos impositivos inmediatos anteriores realizáronse donativos, doazóns ou achegas con dereito a dedución a favor dunha mesma entidade por importe igual ou superior, en cada un deles, ao do exercicio anterior, a porcentaxe de dedución aplicable á base da dedución a favor desa mesma entidade que exceda de 150 euros será do 40 por cento.

Límite: A base da dedución destes donativos, non poderá exceder do 15 por 100 da base liquidable.

Cumprimentación: Deberá reflectir o importe das cantidades doadas na casa "G" do Anexo A.1 da declaración do seu IRPF.

Exemplo:

Si fago unha doazón de: 100,00€  
 Podo deducir no IRPF:  80,00€  
 Polo tanto só me custa:   20,00€  

Para ter dereito a estas deducións Tequexetéldere/Fundación Cultural da Estrada acreditará a efectividade da  doazón  mediante  certificación.

Máis información na AEAT:

https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/gl_es/manuales/ejercicio-2017/modelo-100/9-cumplimentacion-irpf-anexo/9_4-deducciones-donativos-otras-aportaciones/9_4_1-aportaciones-actividades-prioritarias-mecenazgo.html

 

NON ESPERES MÁIS, para facerte amigo/a de Tequexetéldere só tes que seguir os pasos indicados neste FORMULARIO.

© 2020 Tequexeteldere

Free Joomla! template by L.THEME