Se non queres quedar sen praza para o vindeiro curso das escolas de Tequexetéldere, podes facer unha reserva de praza para os cursos que darán comezo no mes de outubro.
Abrimos a reserva de praza para o vindeiro curso.
Como todos os anos, as actividades as que vos podedes anotar son baile, gaita, pandeireta, percusión e acordeón.
O custe das actividades é de 13 euros ao mes para a primeira actividade e de 10 para a segunda actividade ou segundo irmán.
O noso profesorado.
- Baile, Javier Sanmartín
- Baile e pandeireta, Belén Castelo
- Baile de adultos, Luis Puente e Patricia Couto
- Gaita e percusión, Xián Herrera
- Acordeón, Santiago Cribeiro
- Solfexo, Candela Vilas
A matrícula pódese facer a traves do seguinte enlace: https://forms.gle/4nfuGK7sJPnhFDdU9
Se tes algunha dúbida podes poñerte en contacto con nós no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. de forma preferente, ou no 646 207 380

Ler máis: MATRÍCULA CURSO 2026/2027
Facerse Amigo/a de Tequexetéldere supón colaborar e axudar na financiación dos fins e das actividades que leva a cabo a nosa agrupación. E supón, asimesmo, establecermos unha cooperación que faga posible un mellor espallamento e mantemento da nosa cultura folclórica.
Para facerte amigo/a de Tequexetéldere só tes que seguir os pasos indicados no seguinte --> FORMULARIO.
Se tes algunha dúbida podes enviarnos un correo electrónico a este enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
COLABORA
Faite Amiga ou Amigo de Tequexetéldere e facendo unha doazón dun mínimo de 30 euros, agasallámoste cun regaliño de agradecemento pola túa colaboración.
Razóns para colaborar
Tequexetéldere é unha agrupación que naceu xa no ano 1990 baixo o respaldo do Concello da Estrada e da Fundación Cultural da Estrada, formando parte desta última entidade. A nosa actividade desenrólase sen ánimo de lucro.
Para conseguir manter o volume de actividade anual da nosa agrupación (escolas, fondo de vestimenta/instrumentos, e outras actividades/conceptos) Tequexetéldere quere reafirmarse en acadar unha maior independencia económica baseada no apoio das xentes comprometidas ca nosa agrupación, co noso folclore e a nosa cultura.
Por que colaborar con Tequexetéldere?
- Para asegurar o seu presente e, sobre todo, o seu futuro.
- Para seguir avanzando cos alumn@s das nosas escolas, mantendo a estructura do Grupo Oficial e asegurando o seu futuro. Actualmente superamos o centenar de matrículas.
- Para mellorar e ampliar a súa programación cultural.
- Para promover, facilitar e investigar a nosa tradición etnográfica.
- Porque Tequexetéldere non só coida o legado do noso folclore e tradicións, xa que tamén somos un referente do sector na nosa comunidade e fora de Galicia.
- Porque hai que coidar as cousas que nos importan.
Actividades principais de Tequexetéldere
- Mantemento das nosas escolas: baile, percusión, gaita, acordeón, pandeireta...
- Mantemento e recuperación de vestimenta tradicional galega.
- Organización do Festival de Folclore da Festa do Salmón.
- Diversidade de espectáculos como musicais e con bandas de música/orquestas sinfónicas.
- Actuacións por España e fora de España respresentando e dignificando o noso folclore.
- Actuacións pola xeografía galega.
Ler máis: AMIG@S DE TEQUEXETÉLDERE