GRAZAS

Con este maneo que aprendemos durante o confinamento queremos agradecer e recoñecer o traballo feito polxs nosxs compañeirxs de agrupación durante as datas máis difíciles destes meses, enfermeiras, doutores, persoal de mantemento e supermercados, a todxs vós, grazas.

Tamén facelo extensible a toda esa xente do noso Concello que pelexou en 1ª liña, e que segue nos hospitais xogándose a vida, en moitos casos por todos nós; persoal sanitario, de Emerxencias, Corpos de Seguridade, farmacéuticxs, conductorxs, caixeirxs de supermercados, persoal de limpeza, repartidorxs e voluntarixs.

Dámosvos as grazas da única forma que sabemos facer, tocando e bailando esta vez, dende as nosas casas.

Por todas e todos vós, que soe a música e comece o baile.

VER VÍDEO: https://bit.ly/3hoYsN2

DESCARGAR PARTITURAS

LIMIAR

Hai moitas culturas do mundo que afirman que cultivar a gratitude é símbolo e motivo de felicidade. No noso caso, non estando para nada en desacordo con este postulado, entendémolo máis coma un acto de xustiza, coma un xeito de ser agradecido coas lembranzas atesouradas no corazón da agrupación que son, dalgún xeito, as que máis e mellor xustifican a nosa traxectoria.

Sucedeu o 4 de decembro do ano 2015. Teatro Principal da Estrada. Nun patio de butacas acugulado de público, 35 compoñentes de Tequexetéldere repartidos entre pandereiteiras, músicos e corpo de baile, celebrabamos as vodas de prata da agrupación acompañados pola Banda Cultural da Estrada.

Tequexetéldere TeatroPpal

Para estos días, aquí vos deixamos unha parella de baile feita pola nosa querida Rosa Herraiz para que xs cativxs, e non tanto, a coloreedes e nola remitades por correo para que as poidamos publicar nas nosas redes.
E non esquezades poñerlle o voso nome.
Lembra que #NósQuedamosNaCasa.

teque colorear

Supoñemos que teredes as cores xa case no fin, pero, despois da parella de baile e as pandereteiras, pedímosvos un último esforzo para darlle cor o noso quinteto de gaitas, para que a agrupación non quede coxa.
Aquí vos deixamos a lámina que con tanto cariño, ao igual que as 2 anteriores, fixo Rosa Herraiz ????.

Grazas a todxs e agardamos que vos atopedes todxs ben.

teque colorear quinteto

Bos días a todxs.
Para seguir disfrutando do tempo, da man de Rosa Herraiz propoñémosvos outra lámina relacionada con Tequexetéldere e o mundo do folclore.
Desta vez é o turno das pandeiretas.
Agardando que xs peques (e non tan peques ????) pasen un rato agradable, aquí vos vai a nova:

teque colorear panderetas

Se non queres quedar sen praza para o vindeiro curso das escolas de Tequexetéldere, podes facer unha reserva de praza para os cursos que darán comezo no mes de outubro.

tequexeteldere matricula 18 19

O prazo estará aberto do 15 ao 30 de xuño.

Como todos os anos, as actividades as que vos podedes anotar son baile, gaita, pandeireta, percusión e acordeón.
O custe das actividades é de 10 euros ao mes para a primeira actividade e de 7 para a segunda actividade ou segundo irmán.

A matrícula pódese facer a traves do seguinte enlace

https://goo.gl/forms/jiKyinPSgE0W0z1M2

Se tes algunha dúbida podes poñerte en contacto con nós no telf 660 136 787 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Páxina 2 de 3

© 2020 Tequexeteldere

Free Joomla! template by L.THEME