Coa escola por Logroño

imprimir

Esta fin de semana, Tequexetéldere estivemos de viaxe por terras rioxanas coas nosas escolas participando no “Festival de Folklore Infantil Ciudad de Logroño“, organizado polo Grupo de Danzas de Logroño a quenes dende aquí­ queremos dar os máis sinceiros parabéns por unha perfecta organización e agarimosa hospitalidade.

As nenas e nenos das nosas escolas puideron compartir escenario e experiencias con outros nenos da Rioxa e Murcia, así­ como coñecer a súa cultura e tradicións.